|
Esta ruta PR-G 106 farase o 4 de Outubro de 2009, as 16:30, con saída dende o local social de Postemirón
Este dia so faremos unha parte da ruta, Esta parte será a que vai dende as Salinas de Ullo ata Postemirón, e deixaremos pa outro dia o resto da ruta, dende Postemirón ata o lago de Castiñeiras.
E necesario levar calzado cómodo e apto para o monte, xa que a maioría da ruta transcorre por corredoiras polo medio do monte.
Farase unha parada na metade do camiño para descansar e para disfrutar durante uns intres do monte que temos e que moitos descoñecen.
Todos os menores de 14 anos deberan ir acompañados dun maior
VER FOLLETO INFORMATIVO
Dende a Asociación de Veciños de Postemirón - Graña queremos impulsar o patrimonio natural que temos no noso concello, por tal motivo organizamos unha serie de rutas de sendeirismo por Vilaboa.
Dentro de esta serie de rutas, unha delas e a RUTA DOS MUÍÑOS DE VILABOA, esta ruta sae dende as Salinas e remata no Lago de Castiñeiras, pasando por o Toural, Cabadachan, Postemirón e A Graña.
Esta ruta está orientada a fomentar e a transmitir os valores do noso entorno, tanto a nivel de fauna e flora como a nivel patrimonial e cultural, xa que esta ruta pasa pola veira dun conxunto de catorce muíños que no seu dia foron usados polos veciños da zona.
Tamén se pretende fomentar o sendeirismo como deporte para todo tipo de persoas, tanto maiores coma pequenos, e informar os veciños das posibilidades que ofrece o noso entorno.
- A RUTA -
Lonxitude: 7 km Tempo estimado do percorrido: 3 horas Dificultade: medio
O sendeiro comeza nas Salinas do Ulló, onde se conservan varios depósitos ou estanques nos que se realizaba a evaporación da auga mariña para producir o sal. O rateiro continúa pola marxe do río Trasmil.
Na primeira parte do sendeiro atopamos dous muíños bastante alonxados do resto, Chegado o lugar do Río, atopámonos con 8 muíños, máis adiante no sendeiro atoparemos outros 4 muíños e varios saltos de auga, e varias presas, as cales a xente do lugar usaban, e usan, para regar as leiras.
Seguindo o roteiro atopamos a área recreativa de Castiñeiras, unha fermosa fraga de bidueiros, acibo, chuchamel, etc. Continuando o sendeiro, este enlaza co Roteiro Ecolóxico do Morrazo (GR-59)
Leer 0 commentarios... |