Cartel

Axenda

<<  Setembro 2010  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Enlaces:

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Festas de Postemirón
Festas Postemirón 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Mércores, 19 Maio 2010 16:19
AddThis Social Bookmark Button

O dia 12 de Xuño celébrase en Postemirón a Festa en honor o Sagrado Corazón de Xesús


festapostemiron2010_

Haberá pasarruas as 16:00 da tarde

Misa solemne coa coral Camerata de Bértola as 20:30

 

Tirada de Fogos de palenque as 21:00

 

Gran Churrascada con pan de millo a prezos populares para todos os que asistan

 

E pola noite gran Festa con:

Orquestra Ciudad Cristal

Orquestra Ciudad Cristal

Orquestra Ciudad Cristal - Festa Pagana

 

Grupo imagen


 

RECORDA O 12 de XUÑO FESTA EN POSTEMIRÓN


Leer 0 commentarios...
Derradeira actualización o Sábado, 22 Maio 2010 06:21
 
Asi foi o Entroido 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Luns, 08 Febreiro 2010 06:13
AddThis Social Bookmark Button

Entroido_2010_1_webUn gran fin de semana, o sábado un montón de rapaces fixeron as súas caretas preferidas e o seu disfrace, tamén pintaron a cara e algúns ata o pelo, gracias a todos os nenos que se achegaron ate o Local Social de Postemirón para participar no II Taller de Disfraces de Entroido, pasámolo todos moi ben, haber se po ano podemos seguir facendo e tamén se apunta moitos rapaces.


O Domingo, o dia grande, inda que se esperaba choiva esta deunos algunha tregua e empezou a caer cando xa estabamos dentro do Local. Primeiro miramos o vídeo que fixo Eva Carragal sobre a semana de Apoio o Estudio, que se fixera no verán por Sandra Carragal, e na que participaran nenos de Postemirón, o vídeo gustou moito, sobre todo os máis pequenos que se partiron de risa véndose na pantalla.Entroido_2010_3_web

Despois comezou o II Concurso de Sobremesas de entroido, que a verdade e que tivo moita participación, había sete sobremesas presentadas o concurso, todas estaban moi boas, pero gañou a de Sñr Silvina coa máxima puntuación do dia, 20 puntos, o segundo premio foi para Luisa Sobral, con 19 puntos. Fixose entrega dos estupendos premios e despois todos a disfrutar das laperetadas e a pasalo ben.

Dende a AAVV Postemirón-Graña queremos dar as gracias a toda a xente que participou desta festa, a todos os nenos que acudiron o taller de disfraces e a todos os que viñeron a pasar con nos o Entroido. Grazas tamen o concello de Vilaboa por nos deixaren o proxector e o equipo de audio

Entroido_2010_2_web

 

 

 

 

 

Vemonos po ano que ven.

 

Ver Todas as Fotos (Tes que estar rexistrado) Quero Rexistrarme


Leer 1 commentarios...
Derradeira actualización o Mércores, 10 Febreiro 2010 06:26
 
Entroido 2010 en Postemirón PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 22 Xaneiro 2010 17:57
AddThis Social Bookmark Button

Taller de entroido para os nenos, no Local Social de Postemirón o Sabado 6 de Febreiro pola maña de 10:30 ata as 13:30 e pola tarde dende as 16:00 ata as 19:00.
Os nenos que queira participar so terán que levar algunhas pinturas e tesoiras

O Domingo as 17:30 farase a proxección do vídeo dos nenos na "Escola de Verán", vídeo feito por Eva Carragal cos nenos de Postemirón na sema de apoio os estudos realizada por Sandra Carragal.

E as 18:00 realizarase o 2º Concurso de sobremesas de entroido.

entroido2010_1024


Leer 0 commentarios...
Derradeira actualización o Venres, 22 Xaneiro 2010 18:06
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3

Artículos relacionados