| A Deputación esquécese do Entroido de Cobres |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |||
| Venres, 22 Xaneiro 2010 15:40 | |||
A Deputación esquécese do Entroido de Cobres entre os eventos que levou a FITUR 2010A PESAR DE SER DECLARADA COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICOA pesar de ser declarada Festa de Interese turístico, o Entroido de Cobres quedou fóra dos 25 eventos que a Deputación de Pontevedra Tomás Boullosa, voceiro de Cultura no G.M. do BNG de Vilaboa, afirmou hoxe, que este organismo volve a discriminar ao noso concello unha vez máis ao deixar fóra da promoción turística un dos entroidos máis vistosos e participativos de Galicia, cunha tradición que se remonta a finais do século XVIII. Lamentou que o organismo provincial se decantase case exclusivamente pola promoción de eventos gastronómicos, deixando de lado tradicións tan arraigadas e singulares, mantida ao longo dos tempos como é o Entroido de Cobres. Tamén criticou o silencio da concellería de cultura do goberno municipal de Vilaboa, e adiantou que no Pleno da Corporación da vindeira semana preguntará a esta polas xestións feitas para a promoción exterior das nosas potencialidades turísticas. Así mesmo presentará unha iniciativa para que o Concello demande do organismo provincial a inclusión no futuro do Entroido de Cobres entre os eventos que promociona no exterior, atendendo á categoría que ten como Festa de Interés turístico.
Noticia sacada de:
|











a través do patronato Turismo Rías Baixas levou á Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2010, que se está a desenrolar entre os días 20 e 25 deste mes de xaneiro.
Comentarios