| inviable o novo PXOM de Vilaboa |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |||
| Venres, 06 Novembro 2009 06:09 | |||
|
Noticia sacada de: Os informes sectoriais fan inviable o novo PXOM de VilaboaSALGADO CONSIDERA NECESARIA A CONSTITUCIÓN DE PLATAFORMAS DE AFECTADOS
Infobloque-vilaboa.com, 24/10/09. O informe previo á aprobación inicial do PXOM de Vilaboa remitido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de Xunta de Galicia fan inviable o novo planeamento muncicipal deseñado polo goberno municipla, xa que dan instruccións para que se recorten as expansións dos núcleos, e se manteñan as zonas de afección, numerosas no noso concello, algo que propiciará que numerosas vivendas, algunhas con moitos anos de antigüedade queden fóra de ordenación. Según o informe, o Plan non xustifica axeitadamente a estimación de construcción futura de vivendas, xa que se basea nuns datos correspondentes a un período de máxima demanda, como foron os anos comprendidos entre o 2001 e o 2008, mentras que a Consellería recomenda que se teñan en consideración os últimos 12 anos. Tampouco cré que esa ampliación do número de vivendas se vaia a realizar en grande parte nas áreas de expansión dos núcleos rurais. A Consellería considera que o grao de consolidación dos actuais núcleos delimitados é en xeral baixo e permite acoller un importante aumento do número de vivendas sen que sexa necesario amplialos. Isto na realidade tradúcese que moitas vivendas van quedar fora de ordenación e o marxe da legalidade. En canto ao solo urbán a Consellería non considera acreditao que nas zonas que se determinou a súa constitución, non existen todas as redes de servizos públicos esixidas, non se acredita o grao de consolidación mínimo establecido, ou son ámbitos alleos e non se integran na mallla urbán. A Consellería tampouco acepta a reducción da afección da Lei de Costas en Pousada, Curra, Ubeiras, Muiño, Riomaior, Barciela e Paredes e considera que debe declararse como Solo Rústico de Protección de Infraestructuras os terreos das áreas de expansión dos núcleos rurais incluídos dentro da liña límite da edificación de estradas e ferrocarrís, afectando a unha cantidade importante de núcleos do noso concello. Tamén considera excesivas as zonas de expansión dos núcleos rurais da Cardiña, Pazos, Pousada, Curra, Postemirón, Vilar, Riomaior, Curra, Ubeiras, Outeiro, Areeiros, Seixas, Rotea, Barciela, Muiño, Coruxeiro, Carballeira, Outeiros, Mangüeiro, Balteiro, Borrateios e Pazos. Ante este desalentador panorama, a voceira municipal do BNG, Ornela Fdez. Salgado declarou hoxe que é urxente a mobilización veciñal en defensa dos asentamentos tradicionais de Vilaboa mediante a constitución de plataformas de afectados e na que deben implicarse tanto entidades sociais como colectivos veciñais, xa que as vivendas de moitos veciños e veciñas do noso concello van a quedar na máis absoluta alegalidade de prosperar as pretensións da Consellería. Tamén indicou que o BNG está a preparar unha serie de actos nas distintas parroquias para explicar aos veciños as nefastas consecuencias que pode acarrear de seguir adiante ese proxecto de Plan Xeral.
|
|||
| Derradeira actualización o Venres, 06 Novembro 2009 06:18 |












Comentarios