.:: Benvido/a a páxina de Postemirón ::.
|
Escrito por Administrator
|
|
Xoves, 04 Febreiro 2010 06:13 |
|
Outro ano máis temos a oprtunidade de asistir a unha das tradicions máis importantes do noso concello, o entroido de Cobres, Madamas e Galans percorreran as ruas mostrando os seus traxes e os seus vailes. e como non tamen habra a tradicional corrida do Galo.
Programa:
Concello de Vilaboa
Leer 0 commentarios... |
|
Derradeira actualización o Xoves, 04 Febreiro 2010 06:24 |
|
Escrito por Administrator
|
|
Venres, 22 Xaneiro 2010 17:57 |
|
Taller de entroido para os nenos, no Local Social de Postemirón o Sabado 6 de Febreiro pola maña de 10:30 ata as 13:30 e pola tarde dende as 16:00 ata as 19:00. Os nenos que queira participar so terán que levar algunhas pinturas e tesoiras
O Domingo as 17:30 farase a proxección do vídeo dos nenos na "Escola de Verán", vídeo feito por Eva Carragal cos nenos de Postemirón na sema de apoio os estudos realizada por Sandra Carragal.
E as 18:00 realizarase o 2º Concurso de sobremesas de entroido.
Leer 0 commentarios... |
|
Derradeira actualización o Venres, 22 Xaneiro 2010 18:06 |
|
Escrito por Administrator
|
|
Venres, 22 Xaneiro 2010 15:40 |
A Deputación esquécese do Entroido de Cobres entre os eventos que levou a FITUR 2010
A PESAR DE SER DECLARADA COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
A pesar de ser declarada Festa de Interese turístico, o Entroido de Cobres quedou fóra dos 25 eventos que a Deputación de Pontevedra a través do patronato Turismo Rías Baixas levou á Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2010, que se está a desenrolar entre os días 20 e 25 deste mes de xaneiro.
Tomás Boullosa, voceiro de Cultura no G.M. do BNG de Vilaboa, afirmou hoxe, que este organismo volve a discriminar ao noso concello unha vez máis ao deixar fóra da promoción turística un dos entroidos máis vistosos e participativos de Galicia, cunha tradición que se remonta a finais do século XVIII. Lamentou que o organismo provincial se decantase case exclusivamente pola promoción de eventos gastronómicos, deixando de lado tradicións tan arraigadas e singulares, mantida ao longo dos tempos como é o Entroido de Cobres.
Tamén criticou o silencio da concellería de cultura do goberno municipal de Vilaboa, e adiantou que no Pleno da Corporación da vindeira semana preguntará a esta polas xestións feitas para a promoción exterior das nosas potencialidades turísticas. Así mesmo presentará unha iniciativa para que o Concello demande do organismo provincial a inclusión no futuro do Entroido de Cobres entre os eventos que promociona no exterior, atendendo á categoría que ten como Festa de Interés turístico.
Noticia sacada de:
Leer 0 commentarios... |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > Final >>
|
|
Páxina 1 de 21 |